Comunicado del párroco ante la situación provocado por el coronavirus
Ante o estado de alerta pola situación de emerxencia sanitaria decretada polo Goberno de España e a Xunta de Galicia, atendendo ademais ás medidas establecidas polos Bispos de Galicia comunícase aos fregueses das parroquias da UNlDADE PASTORAL DE PADRÓN (Cruces, Herbón, lria Flavia, Padrón e Ribasar) que:
- Suspéndense as celebracións da Santa Misa (diaria e dominical) ata superarse a actual situación.
- Dispénsase aos fieis da obrigación de asistir á Misa os domingos e festas de precepto, recomendándolles que a sigan por radio ou televisión.
- Estas indicacións aplicaranse igualmente (salvo mellora, improbable, da situación) para as celebracións litúrxicas da Semana Santa.
- Os funerais de aniversario pospóñense para despois da primeira semana de Pascua.
- A celebración dos enterros farase só no cemiterio e co grupo de familiares máis achegados.
Nestes momentos iatensifiquemos a nosa oración uníndonos particularmente ao desexo do noso Arcebispo: «Pido a todos los diocesanos unirnos en oración de manera especial en estos días, rezando juntos el Santo Rosario a las ocho de la tarde desde nuestros hogares que ahora más que nunca han de redescubrirse como Iglesia Doméstica» (Mons. Julián Barrio).
Saúdavos con afecto.
Roberto Martínez
Párroco







